A rosa dos ventos

A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa identidade. Ese, e non outro, foi o motivo polo que o alumnado de 4.ºESO escolleu ambos os deseños na materia de Plástica como símbolos do proxecto. Foron eles os que desexaban ver o seu vehículo de comunicación Máis Alá do uso cotián, da escrita; da fala. A mocidade soña con aumentar espazos, camiños e realidades virtuais que cheguen alén dos mares representadas na imaxe nas ondas; non sabemos se eran as da Illa de San Simón ou se nos querían trasladar aos ronseis de Manuel Antonio no seu pailebote pero, o que si temos claro é que os rapaces cavilan: como será o futuro?! No seu maxín transpórtanse a novos mundos grazas ás redes mais sempre cun referente común que os fai únicos e especiais; a súa Lingua; a Galega


Traducións en inglés

O alumnado tamén traballou a tradución en inglés. Pasa o lector de códigos QR se queres escoitalo.



QR Code
Tradución en inglés


Guía de lectura "Os nenos da varíola"

Escoita o que che contan aqui as alumnas e os alumnos e para saber máis do proxecto preme no título










Pasa o lector de códigos QR por enriba da imaxe e terás acceso o vídeo directamente.


QR Code
Guía de lectura

A expedición Balmis, o seu percorrido polo mundo


Neste vídeo, elaborado pol@s alumn@s de 4.º ESO – B, preténdese crear un mapa explicativo a través do que un futuro lector da obra “Os nenos da varíola” poderá visualizar a viaxe que emprenderon arredor do mundo pola Expedición Balmis.

A inicios do século XIX, co obxectivo de  expandir a vacina da varíola , o médico X. Balmis iniciou unha viaxe que o levará polos territorios españois de América e Asia entre 1803e 1806.




 Se queres podes leer o seguinte código para acceder o vídeo.

QR Code
A expedición Balmis

Traducións en portugués


As linguas son o noso instrumento de comunicación, unha ferramenta da que dispomos para achegarnos á sociedade en xeral, e á cultura lusófonoa, en particular alén de constituír un símbolo de identidade. É, por iso polo que, amais de ler a obra “Os nenos da varíola” de María Solar e de comentar a obra na aula, decidiuse complementar esa formación traducindo unha pequena parte do libro ao português.


Son moitos os rapaces que cursan esta materia no centro, polo que non só exerceron de tradutores do epílogo, a parte correspondente á realidade histórica do traslado da vacina e erradicación da doenza senón que axudaron aos seus compañeiros de Lingua e Literatura Galega a ter uns coñecementos sobre a Lingua de Pessoa ou Saramago.


Grazas as similitudes lingüísticas puxeron en práctica as estruturas sintácticas, léxicas galegas e, incrementaron o seu coñecemento noutra lingua romance.


Despois da lectura e comentario da obra, realizaron a tradución, tiveron nocións básicas de fonética, fonoloxía ou gramática do português grazas á colaboración da auxiliar de conversa,  Marina Gonçalves; e, posteriormente, realizouse a gravación por partes e a súa posterior edición.


Finalmente, engadiuse un código QR para realzar as posibilidades da lingua e da literatura, da tradución literaria e do beneficio que nos achegan os avances e adiantos tecnolóxicos na pedagoxía e na docencia actual.


Os grupos de 4.º de ESO do IES Aquis Celenis conseguiron establecer novamente o pasado glorioso galego-português como nexo de unión adquirindo amor pola lingua, colaborando cos compañeiros e exercendo de docentes dos mesmos, mellorando as súas capacidades tecnolóxicas e sendo conscientes de que a lectura é o mellor soporte para promover todas as competencias educativas.



 

Pasa o lector de códigos QR se queres ler e escoitar parte do Epílogo dos Nenos da varíola.

1.- AUDIOS

QR Code
Mais alá da realidade aumentada
QR Code
Epilogo en galego
QR Code
Modelo audiçao en portugués 
QR Code
Os meninos da variola












2.- TEXTOS

QR Code
Epílogo portugúes
QR Code
Historia portugúes
















A lactanción materna

Na obra “Os nenos da variola”, no capítulo dous e tres aparece Cancela; unha muller que se ofrece para aleitar un neno do hospital da Coruña. Isto levounos a unha reflexión sobre o aleitamento nos últimos oitenta anos en España.

O alumnado de 4.º da ESO recolleu datos das súas familias para elaborar unha táboa con datos por épocas desde 1930 ata 2010. Os... por medio do aleitamento presenta un mínimo na época dos 70 que corresponde coa bibliografía consultada. Alén diso, fixéronse pescudas sobre a  conveniencia do aleitamento materno e achouse unha recomendación do Servizo Galego de Saúde que é o texto ao que existe ligazón por medio do código QR ao capítulo tres do libro. Prema na imaxe para acceder ao contido.


Pasa o teu lector códigos QR e tamén terás acceso o texto.


QR Code
A lactanción materna

A música dos nenos


Na materia de Música de 3.º ESO partimos de que a maior parte do alumnado lera o libro en 2.º da ESO, polo que tiñan coñecementos da historia e das personaxes. A súa vez, aproveitamos que no currículo da materia no referente a melodías, tiñamos intención de traballar con escalas pentatónicas (empregadas en parte nalgunhas zonas de Sudamérica.

Por unha banda, a historia do libro desenvólvese na parte final no continente americano polo que, a partir de aí establecemos o vínculo. En grupos de 4 ou 5 alumnos e alumnas, crearon melodías con arranxos co uso desas escalas; estruturas sinxelas ternarias.
O proceso final foi crear unha letra, aludindo ao libro. Neste proceso, entre todos escollemos tres composicións instrumentais-vogais e gravámolas. Posteriormente, creamos un código QR para poder vincular os audios coa idea de imprimilos e integralos nos libros que  dos que dispoñemos no centro.

Para o teu lector de códigos se desexas escoitar as creacións do alumnado: 



  QR Code
A musica dos nenos
QR Code
A música dos nenos
QR Code
A música dos nenos

A rosa dos ventos

A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa ident...