A música dos nenos


Na materia de Música de 3.º ESO partimos de que a maior parte do alumnado lera o libro en 2.º da ESO, polo que tiñan coñecementos da historia e das personaxes. A súa vez, aproveitamos que no currículo da materia no referente a melodías, tiñamos intención de traballar con escalas pentatónicas (empregadas en parte nalgunhas zonas de Sudamérica.

Por unha banda, a historia do libro desenvólvese na parte final no continente americano polo que, a partir de aí establecemos o vínculo. En grupos de 4 ou 5 alumnos e alumnas, crearon melodías con arranxos co uso desas escalas; estruturas sinxelas ternarias.
O proceso final foi crear unha letra, aludindo ao libro. Neste proceso, entre todos escollemos tres composicións instrumentais-vogais e gravámolas. Posteriormente, creamos un código QR para poder vincular os audios coa idea de imprimilos e integralos nos libros que  dos que dispoñemos no centro.

Para o teu lector de códigos se desexas escoitar as creacións do alumnado: 



  QR Code
A musica dos nenos
QR Code
A música dos nenos
QR Code
A música dos nenos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A rosa dos ventos

A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa ident...