A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición
Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a
nosa identidade. Ese, e non outro, foi o motivo polo que o alumnado de 4.ºESO escolleu
ambos os deseños na materia de Plástica como símbolos do proxecto. Foron eles
os que desexaban ver o seu vehículo de comunicación Máis Alá do uso cotián, da escrita; da fala. A mocidade soña con
aumentar espazos, camiños e realidades virtuais que cheguen alén dos mares
representadas na imaxe nas ondas; non sabemos se eran as da Illa de San Simón
ou se nos querían trasladar aos ronseis de Manuel Antonio no seu pailebote pero,
o que si temos claro é que os rapaces cavilan: como será o futuro?! No seu
maxín transpórtanse a novos mundos grazas ás redes mais sempre cun referente
común que os fai únicos e especiais; a súa Lingua; a Galega
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
A rosa dos ventos
A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa ident...
-
Escoita o que che contan aqui as alumnas e os alumnos e para saber máis do proxecto preme no título Pasa o lector de...
-
As linguas son o noso instrumento de comunicación, unha ferramenta da que dispomos para achegarnos á sociedade en xeral, e á cultura lusóf...
-
Neste vídeo, elaborado pol@s alumn@s de 4.º ESO – B, preténdese crear un mapa explicativo a través do que un futuro lector da obra “Os n...

Ningún comentario:
Publicar un comentario