As linguas son o noso instrumento de comunicación, unha ferramenta da que dispomos para achegarnos á sociedade en xeral, e á cultura lusófonoa, en particular alén de constituír un símbolo de identidade. É, por iso polo que, amais de ler a obra “Os nenos da varíola” de María Solar e de comentar a obra na aula, decidiuse complementar esa formación traducindo unha pequena parte do libro ao português.
Son moitos os rapaces que cursan esta materia no centro, polo que non só exerceron de tradutores do epílogo, a parte correspondente á realidade histórica do traslado da vacina e erradicación da doenza senón que axudaron aos seus compañeiros de Lingua e Literatura Galega a ter uns coñecementos sobre a Lingua de Pessoa ou Saramago.
Grazas as similitudes lingüísticas puxeron en práctica as estruturas sintácticas, léxicas galegas e, incrementaron o seu coñecemento noutra lingua romance.
Despois da lectura e comentario da obra, realizaron a tradución, tiveron nocións básicas de fonética, fonoloxía ou gramática do português grazas á colaboración da auxiliar de conversa, Marina Gonçalves; e, posteriormente, realizouse a gravación por partes e a súa posterior edición.
Finalmente, engadiuse un código QR para realzar as posibilidades da lingua e da literatura, da tradución literaria e do beneficio que nos achegan os avances e adiantos tecnolóxicos na pedagoxía e na docencia actual.
Os grupos de 4.º de ESO do IES Aquis Celenis conseguiron establecer novamente o pasado glorioso galego-português como nexo de unión adquirindo amor pola lingua, colaborando cos compañeiros e exercendo de docentes dos mesmos, mellorando as súas capacidades tecnolóxicas e sendo conscientes de que a lectura é o mellor soporte para promover todas as competencias educativas.
Pasa o lector de códigos QR se queres ler e escoitar parte do Epílogo dos Nenos da varíola.
1.- AUDIOS
1.- AUDIOS
| Mais alá da realidade aumentada |
| Epilogo en galego |
| Modelo audiçao en portugués |
| Os meninos da variola |
2.- TEXTOS
| Epílogo portugúes |
| Historia portugúes |
Ningún comentario:
Publicar un comentario