A rosa dos ventos

A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa identidade. Ese, e non outro, foi o motivo polo que o alumnado de 4.ºESO escolleu ambos os deseños na materia de Plástica como símbolos do proxecto. Foron eles os que desexaban ver o seu vehículo de comunicación Máis Alá do uso cotián, da escrita; da fala. A mocidade soña con aumentar espazos, camiños e realidades virtuais que cheguen alén dos mares representadas na imaxe nas ondas; non sabemos se eran as da Illa de San Simón ou se nos querían trasladar aos ronseis de Manuel Antonio no seu pailebote pero, o que si temos claro é que os rapaces cavilan: como será o futuro?! No seu maxín transpórtanse a novos mundos grazas ás redes mais sempre cun referente común que os fai únicos e especiais; a súa Lingua; a Galega


Traducións en inglés

O alumnado tamén traballou a tradución en inglés. Pasa o lector de códigos QR se queres escoitalo.



QR Code
Tradución en inglés


A rosa dos ventos

A Rosa dos Ventos exerceu como guía da Expedición Balmis. A súa vez, a Lingua e Literatura Galegas serán o faro, o referente e a nosa ident...